Portamérica nunca defrauda, nin sequera con avisos de tormenta. 

Un ano máis, a antiga fábrica azucreira de Portas volveu abrir as suas portas para encherese de vida. De moita vida, moita música e moita comida dos mellores referentes en cada ámbito. Durante tres días e duas noites, o recinto convertesse no mellor lugar do mundo para cautivar tódolos sentidos. 

E é que os fogóns tampouco pararon. No ShowRocking déronse cita chefs de primeiro nivel que todos os días elaboraron pinchos exquisitos, divididos en dúas quendas diarias de propostas totalmente diferentes para que o público puidese degustar de todo en cada xornada.

Actuación de Niña Polaca en el festival Portamérica 2026

Os encargados de abrir as xornadas musicais o xoves foron Amoebo e Hey Kid, aos que tomaron o relevo unha numerosa cantidade de artistas para tódolos gustos, dende a delicadeza de Marina Reche e a firmeza de Fillas de Cassandra, ata a boa vibra e a caña tan característica de The Rapants ou Niña Polaca. Un cartaz de presentación onde tivo presenza a música en galego e, aínda mellor, no prime time da xornada.

Mentres a música soaba, a primeira xornada do ShowRocking deleitaba aos asistentes. Na primeira quenda brillaron pratos como o buey de mar con aguacate de Eduard Xatruch ou as croquetas de xamón de Iván Cerdeño, para logo dar paso a unha segunda quenda estelar coas famosas croquetas de Echaurren de Francis Paniego, a gastronomía italiana de Viviana Varese, e o doce peche coas milfollas de vainilla de Paco Torreblanca.

O peche da noite, como é habitual, correu a cargo da Duendeneta durante dous días, relevanda por Señora DJ no outro, e calquera das dúas deixaban a máis de un con poucas ganas de marchar pra cama.

Chegado o venres e xa ben entrados en calor, chegaban tamén os segundo pratos fortes do cartaz, que inundaron o recinto cunha atmosfera moi dos 80´s e dos 90´s. Ese día subiron ao esceario, entre outros, nada máis nin nada menos que Hombres G e M-Clan, e o que máis e o que menos sabía máis dunha canción. Esa noite, de novo, houbo sitio para a música en galego, con Grande Amore poñendo o peche ás actuacións antes de Señora DJ.

No apartado gastronómico, o venres non baixou o listón. A xornada arrincou coas creacións mariñas de Andoni Luis Aduriz (Mugaritz) ou a horta local de Antonio Novas (Trasmallo) co seu taco de millo corvo. A segunda quenda continuou conquistando padais coas croquetas de Maina de Alberto Lareo, a espectacular ensaladilla imperial de Árbore da Veira e a repostería de prestixio internacional de Antonio Bachour.

O sábado foi o día grande e, por que non dicilo, tamén o máis intenso. A tormenta estaba avisada e, aínda que probablemente todos pensásemos que quedaría niso, nun simple aviso, quixo deixar moi claro iso de que “quen avisa non é traidor”, facendo unha aparición por todo o alto. Nun abrir e pechar de ollos, o recinto de Portas converteuse nun deserto branco, onde o que máis e o que menos se agochaba nalgún recuncho, caían pedradas do tamaño de bolas de golf. Mollarse xa era o de menos, o importante era non saír ferido. 

Así, os colectores do lixo, mesas e valados, ou calquera outro obxecto que valese para cubrirse un mínimo, descubriron unha nova utilidade. Foi un longo rato de “e agora que” que mantivo a todo o mundo en vilo mentres nos escearios os instrumentos, loxicamente, permanecían tapados. Un longo rato que, dende logo, pareceu moito máis do que realmente foi, pois nunca choveu que non escampara e a sorte, o tempo ou o mesmísimo Deus da música acompañaron e tan só se quedou nun pequeno paréntese de 5 minutos. 

Iso si, por precaución, as actuacións retrasáronse igualmente para que todo saíse o máis rodado posible, e así foi. Aínda mollados, aqueles que non puideron cambiarse de roupa levantaron mans e voces a coro con iso de “Si estás atrapado en las sombras, aguarda. Del lodo crecen las flores, más altas”, e máis de un derramou algunha bágoa. 

E a enerxía continuou en ascenso ata que, por fin, chegou un dos momentos máis agardados da noite, a actuación de Dani Martín. O madrileño chegou ao esceario esixindo que o deixasen entrar con zapatillas –mala idea, Daniel, acaba de caer unha saraibada criminal e hai lameira– e proseguiu con temas icónicos da banda que, o que máis e o que menos, todos escoitamos na nosa infancia e adolescencia. “Volvera”, “Besos”, “A Contracorriente” ou “Tal como eres” volveron soar en vivo e en directo, aínda que tamén houbo oco para os seus temas máis coñecidos en solitario para rematar a estrutura circular do concerto con “Insoportable”. 

Semellaba que non pasasen os anos. Ou se cadra si, e que precisamente esas cancións gañasen certa madurez no tempo e xerasen na xente aínda máis euforia, como acontecera cos concertos de La Oreja de Vangogh hai uns anos. A volta do artista aos escearios con este repertorio fixo que moitos dos que alí estaban voltasen ao pasado, pero máis presentes ca nunca.

E como non podía ser doutro xeito, a gastronomía do sábado tamén estivo á altura do gran día do festival. Na primeira quenda triunfaron pratos tan nosos como o canelón de buey de Héctor López ou a empanada de choco 2.0 de Enxebre; mentres que na quenda nocturna o público puido quentar o corpo tras a tormenta cos tradicionais callos de Óscar Vidal e as propostas latinoamericanas de Jhon Zárate. O broche de ouro final correu por conta da pastelaría local Dleite cunha deliciosa milfollas de crema de orujo.

A antesala do peche final protagonizárona os Sanguijuelas del Guadiana, aos que seguiron Nortec, e que trouxeron a Galicia un cachiño de Badajoz. O mesmo público que o xoves cantaba “Perdín o avión a Barselona” ou “A miña tataravoa estaría contenta”, hoxe entonaba “Llevadme, llevadme a mi Extremadura y allí dejadme en mi tierra” a pleno pulmón.  

Podería haber cartaz mellor? Non o sei, para gustos, hai cores, ou iso din. Do que si estou segura é de que non podería un que encaixase tan ben gustos tan diversos. 

Portamérica nunca defrauda. E moito menos o ano que vén. 

Falemos!

Resumen de privacidad
Logotipo Andrea Regueiro. Fotografía, Marketing Digital y Diseño Web

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.

Dejar esta cookie activa permite mejorar la experiencia de usuario en la web. En ningún caso se podrá utilizar con fines publicitarios.