Se buscas un fotógrafo de concertos ou un fotógrafo de festivais en Galicia, bota un ollo ao meu porfolio de fotos de concertos e festivais.
Non sei ti, pero, dende logo, eu non sabería vivir sen música en directo, e tampouco sen vivila coa cámara nas mans, para capturar eses intres únicos de cada concerto con precision, creatividade e ese ollo único que cada un de nós temos.
A música en vivo é pura emoción, e cada concerto é unha experiencia irrepetible, cunha esencia única, que merece ser lembrada. Tanto ten se é unha sala de concertos íntima ou nun festival de maior ou menor escala. Dende o primeiro acorde ata o último bis, mantéñome alerta para captar perfectamente eses intres no que a luz, o son e a emoción do público se xuntan, e o meu traballo é inmortalizar esas sensacións en imaxes que falen por si soas.
Traballo en toda Galicia, especialmente en Santiago de Compostela e Ourense, adaptándome ás necesidades de cada evento e ofrecendo imaxes que destacan pola súa capacidade de contar historias.
Se estás buscando un fotógrafo de concertos ou un fotógrafo de festivais que coñeza ben a escena musical galega e saiba capturar a esencia de cada artista e cada concerto, esa son eu.