Servizos de marketing dixital para pequenas empresas e negocios rurais dende aquí, dende Ourense e dende o rural.
Coñezo as necesidades dos negocios da nosa terra e dos pequenos proxectos, e quero apostar por eles, polo que fai único o noso rural e a nosa contorna, traballando contigo, ao teu carón.
Deixa que as túas redes falen por ti. Creo contido auténtico e atractivo e xestiono por ti as redes socias da túa empresa ou proxecto, sendo sempre fiel ao teu estilo, para que consigas unha imaxe máis profesional, que á súa vez conecte e atraia ao teu público obxectivo.
Consigo que te os teus potenciais clientes te atopen cando buscan o que ti fas. Posiciónate entre os resultados principais do teu sector para a provincia de Ourense.
Deseño e levo a cabo estratexias á medida que conectan co teu público e fan que o teu negocio sexa máis visible.
Deseño de logos e identidade corporativa, tarxetas, etiquetas e materiais corporativos
Se estás creando unha marca ou un proxecto propio en Ourense, ofrezo asesoramento personalizado para axudarche a que despegue como é debido
Deseño páxinas web bonitas, rápidas, intuitivas e que converten. A primeira impresión conta. Coida e profesionaliza o teu escaparate online cunha web profesional que, ademais de ser práctica, concorde co teu estilo.
Deseño identidade visual: logotipos, tarxetas, etiquetas, folletos e demais materiais corporativos
Porque son coma ti: teño dous proxectos pequenos e sei o que custa facelos medrar.
Porque me apaixona o rural, o pequeno, o sinxelo. Gústame o que fago e dende onde o fago e poño toda a enerxía en cada cliente, como se fose o proxecto máis grande do mundo.
Porque creo no talento local e no potencial dos negocios de Ourense.
Dende Ourense, para Ourense. Son Andrea Regueiro, especialista en marketing dixital e fotógrafa, e quero axudar ao teu pequeno negocio a destacar para que medres sen complicacións.
Fotografía para pequenas empresas ou proxectos coma o teu, que lle sacarán a súa mellor versión.
Fotografía de producto para redes sociais ou tenda online, fotografía e asesoramento na creación e xestión da marca, fotografía de locais, casas rurais e interiorismo...Sexa cal sexa o estilo que precises, falemos!
En Ourense
En Ourense
En Ourense
Si, unha imaxe vale máis ca mil palabras, pero hoxe en día estamos no tempo do vídeo.
Se buscas dar un salto de calidade, un vídeo corporativo é a ferramenta fundamental para amosar quen está detrás da túa marca, conectar co teu público e, por riba de todo, xerar confianza.
Ao igual que coa foto, fuxo dos vídeos institucionais aburridos e encorsetados, para crear pezas dinámicas, visuais, que impresionen, pensadas especificamente para funcionar na túa web e redes sociais.