O Caudal Fest e a maxia de despedir o verán á beira do Miño

Hai festivais aos que se vai pola música e outros aos que se vai polo ambiente, atráiache máis ou menos o cartaz, e nestes últimos está o Caudal Fest. Dous días nos que intentas estirar as ultimas noites cálidas do verán galego antes de que o outono nos pida a berros sacar a chaqueta de entreentretempo.

Como quen non quere a cousa, a contorna do Xardín do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo convértese, cada ano, no epicentro desa “última grande festa do verán”, uns preparativos precisos para pechar a época dos directos —persoalmente, a mellor do ano— por todo o alto.

O cartaz 2026: dos clásicos ás últimas tendencias

Concerto de Veintiuno no Caudal Fest

Se algo sabe facer ben o Caudal é equilibrar a balanza no cartel, misturando o directo de bandas emerxentes, como Siloé ou Ultraligera, con clásicos como Pignoise, que pisan o recinto este ano, sen deixar atrás a Veintiuno ou La La Love You, que repiten por terras lucenses, dous anos despois.

Ter a Ultraligera, o directo épico de Siloé ou o fenómeno sen filtro de Sanguíjuelas del Guadiana no mesmo recinto é a garantía de que o ritmo non vai decaer en ningún momento. E, claro, se a todo isto lle sumas a Pignoise para facernos berrar esas cancións que nos sabemos de memoria dende a adolescencia, a mistura xa é redonda. Pero o mellor de todo é que no Caudal hai un fío condutor. Todo flúe dentro dunha mesma liña e dun estilo, con sentido, a diferenza do que pode acontecer noutros festivais, e iso, a fin de contas, nótase no ambiente.

Máis ca música: a experiencia de despedir a tempada

Máis alá do cartaz e dos horarios, o Caudal Fest gañouse un oco no noso calendario por como che fai sentir. É a escusa perfecta para unha escapada a Lugo, para reencontrarte con amigos que hai meses que non ves e para desfrutar da gastronomía e da hospitalidade lucense antes de volver á rutina.

O cartaz, a organización, o ambiente cómodo, a comodidade de poder desfrutar de Lugo tamén a un paso…todo suma para que a despedida do verán non doia tanto.

Non sabería decir exactamente o que, pero o Caudal ten ese algo que che fai esquecer por unhas horas que o luns hai que volver á realidade. Marchas de Lugo coa voz tocada, os pés esgotados e a sensación de ter apurado o verán ata a última gota. E sinceramente, non se me ocorre mellor forma de dicirlle ata logo ao bo tempo.

Como sei que a ti tamén che gusta levalo todo ben organizado (ou polo menos intentalo), aquí che deixo o reparto por días e escenarios para que vaias preparando a túa folla de ruta!

Vémonos alí, outro ano máis!

Falemos!

Resumen de privacidad
Logotipo Andrea Regueiro. Fotografía, Marketing Digital y Diseño Web

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.

Dejar esta cookie activa permite mejorar la experiencia de usuario en la web. En ningún caso se podrá utilizar con fines publicitarios.