Cando La Raíz puxo Bueu patas arriba: o histórico paso dos valencianos polo SonRías Baixas 2025

Co recinto das Lagoas atestado dende primeira hora e un cartel que soubo medir os tempos entre a música de raíz, o pop de grandes estadios e a electrónica de peche, o SonRías Baixas pechou a súa edición máis concorrida reunindo a 33.000 persoas en Bueu. Unha cita que xa non é só un referente no Morrazo, senón a demostración de que se pode xestionar un aforo masivo sen perder a comodidade, a boa visibilidade e a fluidez nos accesos.

La Raíz: o concerto que xa é historia do festival

Se houbo un momento que xustificou por si solo a viaxe a Bueu, ese foi o directo de La Raíz. A Expectativa era máxima e a banda respondeu cun concerto demoledor dende o primeiro acorde. O recinto das Lagoas converteuse nun fervedoiro co público entregado a cada un dos seus hinos nunha actuación que quedará na memoria do SonRías como un dos directos máis multitudinarios e emotivos que se lembran na vila.

Do folclore urbano de Sen Senra ao fenónemo Dani Fernández

A xornada de arranque puxo o foco en propostas que enchen recintos Sen Senra trouxo a Bueu o seu pop elegante e atmosférico, mentres que Dani Fernández firmou un dos momentos máis multitudinarios do festival, poñendo a todo o recinto a corear cada un dos seus estribillos. A noite no escenario principal completouse coa enerxía do pop-rock de Carolina Durante e a versatilidade de Judeline, reafirmando a aposta do festival por reunir nun mesmo espazo a grandes cabezas de cartel con artistas que están a liderar a vangarda do pop estatal.

Mistura de estilos, bo ambiente e sesións de peche

A medida que avanzaron as xornadas, o festival despregou o seu abano máis diverso. As actuacións de Alizzz e Nena Daconte achegaron a cotaxe de pop nostálxico e de autor, nun programa onde conviveron o ritmo festivo, a música urbana e os patróns de baile electrónicos na zona de DJ. O recinto das Lagoas mantivo un fluxo constante entre os dous escenarios, sen grandes aglomeracións nas barras nin colas incomodas, permitindo gozar dos directos con espazo e boa acústica.

O SonRías Baixas volve marchar de Bueu consolidando unha fórmula equilibrada: cartel amplo, contorna costeira inmellorable e unha organización que sabe xestionar a contorna de As Lagoas para que o público só teña que preocuparse pola música.

Falemos!

Resumen de privacidad
Logotipo Andrea Regueiro. Fotografía, Marketing Digital y Diseño Web

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.

Dejar esta cookie activa permite mejorar la experiencia de usuario en la web. En ningún caso se podrá utilizar con fines publicitarios.