Ourensound Fest 2024: Monterrei convértese no epicentro do rock e a música indie

Do 24 ao 26 de maio a IX edición do Ourensound Fest fixo vibrar, unha vez máis, a un público entregado ao que nin a choiva, nin o vento nin o cansazo puideron derrotar. Mesmo público fiel e entregado, un cartaz cheo de artistas coñecidos e emerxentes do panorama indie, pero distinto lugar. E é que despois de varias edicións no concello de Bemposta, esta novena entrega celebrouse no Complexo Deportivo de Monterrei, no concello de Pereiro de Aguiar.

O recinto, rodeado de vexetación e árbores e cunha zona de acampada e aparcadoiro contiguas ao espazo de concertos, converteuse durante a fin de semana nunha auténtica festa da música ao aire libre.

Venres 24: a combinación de Arde Bogotá, Fillas de Cassandra e Shinova

A música comezou a sonar xa a partir das 18:30 horas da man dos Bomba Laxe, dando paso logo ao directo de Lain. Sen dúbida, un bo preámbulo para o concerto de Fillas de Cassandra, quen foron recibidas entre os vitores dun público impaciente. O dúo vigués fixo cantar a centos de persoas que se congregaban diante do escenario ao ritmo de temas coma LisístrataVarredoras ou Quen é a que canta?. Coa súa mestura de música tradicional, electrónica e reivindicación, puxeron patas arriba o recinto.

Co ambiente xa máis que caldeado, ás 22:30 chegaba a quenda de Shinova. A banda biscaína, liderada por Gabriel de la Rosa, despregou a súa habitual forza e conexión emocional cos fans. Cancións como La sonrisa intacta ou Alas soaron con intensidade, conseguindo un dos momentos máis emotivos e épicos da noite.

O gran prato forte da xornada chegou pasada a medianoite con Arde Bogotá. Os de Cartaxena, convertidos nunha das formacións máis potentes do rock estatal actual, ofreceron un concerto arrollador e sen concesións. O público respondeu con enerxía e contundencia a temas coma Los perrosAbismo ou Cowboys de la A3, nunha actuación impecable e chea de enerxía.

Para pechar a noite, os galegos The Rapants fixeron a súa aparición no escenario para facer bailar a todo o recinto cos seus ritmos disco-indie. A súa enerxía e actitude no escenario foron o broche perfecto para unha primeira xornada inesquecible, que rematou coa sesión de David Van Bylen ás 03:45 da mañá.

Sábado 25: a choiva non logra apagar a enerxía de Sidonie ou Tanxugueiras

A segunda xornada do Ourensound arrancou pola mañá cunha completa programación na zona gastro e sesións vermú. A música non deixou de sonar grazas ás sesións de Ameva DJIsaac Pedrouzo e a actuación en directo de La Duendeneta, que animaron o recinto desde ben cedo.

Xa pola tarde, a partir das 18:00 horas, o recinto de concertos volveu abrir as súas portas para acoller os directos de Aria DJ e Técanas. Sen embargo, ás 20:00 horas, a chuvia fixo a súa aparición de forma máis meza, aínda que iso nin moito menos freou os ánimos dos asistentes.

Co chubasqueiro e o paraugas coma mellores aliados, o público recibiu a Sen Senra, quen protagonizou un dos concertos máis íntimos e coidados da fin de semana. O artista galego presentou temas do seu traballo PO2054AZ, creando unha atmosfera envolvente grazas a cancións coma Ya no te hago falta ou Uno de esos gatos.

Ás 22:30 horas chegaba a quenda de Sidonie, que sen dúbida protagonizou un dos directos máis tolos e divertidos da edición. Marc Ros e os seus non dubidaron en mesturarse co público, subir a xente ao escenario e ofrecer un espectáculo incombustible. Himnos coma El incendioCarreteras infinitas ou CEDÉ puxeron a bailar a todo o recinto baixo a chuvia.

A festa continuou coa enerxía arrolladora de Tanxugueiras. O trio galego fixo tremer Monterrei cos seus ritmos de folclore e electrónica, poñendo a cantar a miles de persoas con temas coma TerraDesidia ou Averno.

A recta final da noite estivo cargada de ritmo e festa coa actuación de Carlos Ares, o directo de Cala Vento —que ofreceron unha descarga de rock potente e sen artificialidades— e a sesión de Galician Army, que mantiveron a pista acesa ata ben entrada a madrugada.

Domingo 26: festa familiar para pechar unha edición inesquecible

O festival puxo o punto e final o domingo cunha xornada pensada para gozar en familia e cun ambiente máis relaxado. O concerto de Gramola Gominola fixo cantar e bailar aos máis pequenos da casa, pechando así tres días de música, convivencia e bo ambiente.

A pesar de que o tempo non acompañou durante parte da fin de semana, o Ourensound Fest 2024 volveu demostrar por que é unha das citas imprescindibles do calendario de festivais en Galicia: unha organización coidada, un recinto cómodo e un público fiel capaz de encher de calor calquera día de chuvia.

Falemos!

Resumen de privacidad
Logotipo Andrea Regueiro. Fotografía, Marketing Digital y Diseño Web

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.

Dejar esta cookie activa permite mejorar la experiencia de usuario en la web. En ningún caso se podrá utilizar con fines publicitarios.