Fotografía de cans e mascotas

Quen me coñece sabe que non concibo a vida doutra maneira: na miña casa somos seis, porque teño catro cans.

Eles son o meu centro, o meu día a día, e os que me ensinaron que o amor máis puro non precisa de palabras.

Por iso, cando me pides que fotograrfe o teu, non o vexo como un “encargo” máis. Sei que me estás confiando captar a esencia dun membro da túa familia, un dos máis importantes.

Nin poses, nin nervios: só eles, só vós.

Sei o que estás a pensar: “O meu can non para quieto”. Ou quizais todo o contrario: “Vaise asustar co flash” ou “É moi tímido”.

Non te preocupes. Como fotógrafa (e sobre todo como humana de catro cans), sei que o último que precisan é presión. As miñas sesións son, ante todo, un rato de xogo e respecto, onde todos —repito, todos— o pasamos ben.

Fotografia de pareja con mascotas con decorado en estudio de fotos en Santiago y Ourense

Sesións de fotos en estudio en Ourense ou Santiago

Moita xente descarta o estudio porque teme que o seu can se estrese, pero a miña forma de traballar é xusto a contraria. Para min, o primeiro é el, polo que sempre será un espazo tranquilo onde o ritmo o marca el.

Sesións de fotos con mascotas en exterior

As sesións fóra do estudio son, basicamente, un paseo

Imos á praia, ao monte ou a ese sitio que vos gusta e deixamos que as cousas pasen.

O que quero é capturar a vosa versión máis auténtica, que vos esquezades de que estou alí coa cámara.

Sesións de pre ou post boda con mascotas en exterior

E se estades pensando na vosa boda, que saibas que eles tamén están convidados. Encántame facer sesións de preboda ou postboda cos vosos cans. Porque se son parte da vosa vida, teñen que estar nese recordo, sen présas e sen o estrés do día do evento.

Fotografia de pareja con mascotas con decorado en estudio de fotos en Santiago y Ourense

Por qué eu?

(e as miñas 16 patas)

O motivo principal é moi sinxelo: porque me desvivo por eles.

foto mascotas ourense santiago3

Non busco a foto perfecta de revista onde o can parece un peluche inerte, porque non o é. E para iso, fotografaría peluches.

Busco ese xesto que ti recoñeces, esa forma de poñer as orellas, esa lambetada inesperada ou esa mirada de complicidade.

Sesión de fotografía de mascotas en Ourense. Fotos de un perro Border Collie mirando a la cámara mientras su dueño lo abraza

Eles están con nós menos tempo do que nos gustaría, pero, por sorte, sempre nos quedarán as fotos.

Sesión de fotografía de mascotas en Ourense y Santiago

A miña experiencia cos meus catro cans deume a paciencia necesaria para agardar o momento exacto.

Non hai présa. Se hai que parar para dar chuches, párase. Se hai que tirarse ao chan para buscar o seu ángulo, tírome.

Sesión de fotografía de mascotas en Santiago de Compostela. Fotos de una pareja jugando con sus dos perros

Falamos do teu mellor amigo?

Como son as sesións en estudio con mascotas?

Sei que para un can un espazo novo pode ser abafante, por iso deixo que el marque o ritmo, sempre.

Nada máis chegar, o primeiro son as presentacións, deixar que o olfatee todo e, por suposto, se me dades permiso, repartir as primeiras chuches. Que se asente e que entenda que alí non vai pasar nada malo.

Cando vemos que se relaxa, é cando empezo a disparar. Non esperes que o obrigue a posar ou a quedar quieto coma unha estatua.

Tendes toda a liberdade do mundo para ser vós mesmos. É máis: debedes selo.

Sesiones de fotos de perros y mascotas en Ourense y Santiago
Fotografa perros ourense

Siempre chea de pelos

E se precisa mimos no medio da sesión, paramos e dámosllos. Eu, a primeira.

En canto vexo que se cansa ou que xa tivo abondo, acabououse. O seu benestar vai sempre por diante de calquera foto, por moi bonita que sexa.

Ao final, o que quero que levedes, ademais das fotos, é un lembranza real dun bo rato no que o pasamos ben.

Estudio de fotografia con perros en Ourense

Os meus modelos

Sesión de fotos con perro en exterior en Ourense
Señor Firulais
Fotografía de perros en exterior en Ourense
Arliño
sesion foto perros ourense santiago3 scaled
Tris

Falamos do teu mellor amigo?

Falemos!

Resumen de privacidad
Logotipo Andrea Regueiro. Fotografía, Marketing Digital y Diseño Web

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.

Dejar esta cookie activa permite mejorar la experiencia de usuario en la web. En ningún caso se podrá utilizar con fines publicitarios.