A Illa das Esculturas resiste á choiva: o Surfing the Lérez volve triunfar en Pontevedra

A Illa das Esculturas volveu converterse no epicentro da festa coa celebración do Surfing the Lérez 2025. Despois dun arranque pasado por auga, a cita reuniu a milleiros de persoas nunha edición marcada pola solidariedade e a diversidade de propostas musicais como King África ou Ortiga.
